Google
 Novedades
 Noticias Vieiro
 Información sobre Vieiro
 Dónde estamos
 Saludas
 Actividades
 Servicios
 Nuestras Asociaciones
 Premios y galardones
 Reconocimentos
 Recortes de Prensa
 Gente contra la droga
 Revista
 Publicaciones
 Galerías
 Enlaces
 Estado de cuentas
 Hazte socio
 Infórmate
 Contacto

S. M. La Reina
Xunta de Galicia
Diputación Coruña
Alcalde de Carballo
Alcalde Laracha
Alcalde de Cabana
Alcalde Laxe
Alcalde Coristanco
Alcalde Malpica
Alcalde Ponteceso
18/09/2019
Busca noticias: 
Vista de Impresión


INFORME AÑO 2015

AMBITO XUVENTUDE
MEMORIA PROGRAMA NO AMBITO DA XUVENTUDE

ÁMBITO: XUVENTUDE
PROGRAMA: ACTIVA
TIPO: Universal
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA
NOME DA ENTIDADE: ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO
TIPO DE ENTIDADE: Asociación sen animo de lucro
NOME DO PROGRAMA: ACTIVA
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Xuventude
TIPO DE PREVENCIÓN: Universal
TIPO DE PROGRAMA: Novo
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 02-01-2015 DATA FIN: 20-12-2015
DURACIÓN (MESES): 12
ENTORNO: Concello
CARBALLO
A Coruña

Poboación total: 31.404 Padrón do ano 2014

POBOACIÓN DESTINATARIA
Poboación potencial beneficiaria: 1.500
Poboación total destinataria: 1.090
Nivel cultural: Medio-Medio

Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Tipo de colectivo Número
Mozos/as 1.050
Axentes Mediadores 40

XUSTIFICACIÓN
Os problemas relacionados co uso de drogas legais e ilegais por parte dos sectores máis novos da nosa sociedade constitúen un dos problemas de saúde pública con maior impacto nos países desenvolvidos.
A sensibilidade ante este fenómeno e os esforzos realizados no ámbito preventivo polo conxunto de administracións e institucións públicas e privadas que colaboran no desenvolvemento do Servizo de Drogodependencias e Tratornos Aditivos, parecen ter dado os seus froitos. Pero a pesar da relativa melloría que se vén observando nos hábitos de consumo de drogas e as actitudes fronte a elas entre a poboación galega, seguen rexistrándose elevados niveis de uso de determinadas substancias entre a mocidade, ademais dalgúns patróns de consumo problemáticos e unha baixa percepción dos riscos asociados ao consumo de certas drogas.
Neste sentido incorporamos dentro da nosa programación Activa, programa que incide de forma específica na poboación adolescente e nova co fin de reducir e retrasar o consumo experimental das distintas drogas entre este colectivo, así como mellorar a calidade da información dos adolescentes e mozos sobre as drogas e os seus efectos



MARCO TEÓRICO
Modelo proposto por Calafat e colaboradores (CALAFAT, A, et al., 1985, CALAFAT, A. et al., 1986, CALAFAT, A. et al., 1992),

XUSTIFICACIÓN DE LAS TEORÍAS SELECCIONADA
Para Calafat existen múltiples factores asociados ó consumo de drogas que encadra como factores de risco e factores de protección. Na que denomina factores de risco e protección, considera a coherencia social e os hábitos de consumo da sociedade, a familia, a escola, o uso do tempo libre, a relación cos compañeiros, a información, a personalidade, a experiencia con outras drogas e o consumo. Inclúense, como é apreciábel, os factores que son máis relevantes para que a persoa consuma ou deixe de consumir. A prevención oriéntase a influir sobre estes factores para que o individuo non consuma.

OBXECTIVOS XERAIS
• Reducir a intención de consumo de drogas no futuro.
• Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de drogas, en especial no caso do tabaco, o alcohol e o cannabis.
• Reducir a tolerancia/permisividade da xente nova respecto ao consumo de drogas no seu medio social próximo.
• Incrementar o rexeitamento dos novos fronte ao consumo de drogas.
• Mellorar a información sobre drogas entre a poboación xuvenil, favorecendo a toma de conciencia da problemática que xera o seu uso e/ou abuso.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Incrementar a información sobre os riscos asociados ao uso de drogas.
• Incrementar as habilidades básicas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir polo uso/abuso de drogas.
• Incrementar as habilidades de resistencia.
• Favorecer a implicación e participación da poboación xuvenil en actividades de ocio saudables.

METODOLOXÍA
A implementación do programa axústase ao seguinte proceso:

1º. Captación e selección de mediadores xuvenís que asumirán o desenvolvemento do programa Activa no seu municipio.
Esta selección realizarase por parte dos profesionais dos equipos de prevención da DXIXSP entre institutos, oficinas de información xuvenil, asociacións xuvenís, clubes deportivos, etc. mediante a oferta/proposta a mozos que se axusten ao perfil xeral de “mediador xuvenil” para liderar o programa Activa no seu municipio.
Unha vez realizada a captación e selección, manterase unha reunión cos futuros mediadores xuvenís, para expoñer as liñas xerais do programa, o papel que se pretende que eles desempeñen, valorar a posibilidade de incorporar suxestións que presenten e aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

2º. Formación dos mediadores seleccionados no campo da prevención das drogodependencias entre adolescentes e mozos.
Os temas que se abordarán nestas sesións de formación serán:
• Conceptos básicos en prevención de drogodependencias e bases da prevención dirixida á mocidade.
• Análise dos factores de risco e protección asociados ao consumo de drogas entre os novos.
• Definición do rol de mediador xuvenil. Funcións xerais, habilidades e exixencias.
• Establecemento e clarificación dos obxectivos que se queren alcanzar co programa Activa e do papel que desempeñarán os mediadores no seu contexto.
• O alcohol: patróns de consumo, efectos no or- ganismo e impacto na saúde e o benestar, efectos do alcohol na condución, publicidade do alcohol, lexislación, mitos e crenzas etc.
• O tabaco: impacto inmediato, a medio e longo prazo, factores que condicionan o seu consumo.
• O haxix, mitos e realidades.
• Os psicoestimulantes (cocaína e drogas de síntese): patróns de consumo, efectos asociados, condutas de risco etc.
• Patróns dominantes de ocupación do tempo libre entre os novos e alternativas de ocio.

A formación terá, en todo caso, unha duración mínima de 20 horas teórico-prácticas.
Cómpre ter presente que a formación de mediadores debe ser dinámica, é dicir, ademais de facilitar información e materiais, usarase o adestramento en dinámicas de grupo, dinámicas individuais e ensaio das actividades que despois terán que realizar cos mozos.
1º. Creación dun grupo de coordinación do programa no municipio.
Este grupo, que estará coordinado polos técnicos dos equipos de prevención, contará coa participación activa dos mediadores xuvenís que completasen o proceso formativo.

2º. Deseño polos integrantes do grupo de coordinación das actividades que desenvolverán os mediadores.
Trátase de deseñar e establecer o cronograma das actividades que, nese municipio concreto, os mediadores xuvenís van poñer en marcha con adolescentes e mozos que permitirá o logro dos obxectivos do programa (mellorar a súa información sobre as drogas e os efectos asociados, incrementar o risco asociado ao seu consumo e promover a realización de actividades de ocio saudables).

3º. Difusión das actividades informativas, de sensibilización e de ocio programadas.
Os mediadores deberán seleccionar os contidos das actividades informativas que desexen desenvolver cos novos e elixir os soportes que estimen adecuados para iso. Así mesmo, deberán organizar ou difundir actividades de ocio saudables que lles permitan a interacción cos destinatarios finais do programa.

a) Recursos materiais:
¬ Aula con material para realizar a formación de mediadores.
¬ Materiais para a difusión do programa: dípticos, carteis, cartas, adhesivos, mar- calibros etc.
¬ Material informático.
¬ Revista de publicación fixa.
¬ Material funxible.
¬ Material deportivo.

AVALIACIÓN
Cuantitativa
Que inclúe o rexistro dos seguintes indicadores:
¬ Número de mediadores captados para o programa.
¬ Mediadores xuvenís que foron formados.
¬ Número de actividades realizadas (in- formativas, de ocio etc.).
¬ Número de profesionais implicados nas diferentes actividades.
¬ Número de mozos participantes.
¬ Material editado.
¬ Material distribuído.
¬ Número de reunións celebradas polo grupo coordinador do programa.

Cualitativa
Realizarase unha avaliación cualitativa, extraída de enquisas, relativa ao:

• Grao de satisfacción coas actividades (paramozos e mediadores)
• Grao de aprendizaxe percibida (para mediado- res) (test-retest)
• Valoración do impacto que cren que as activi- dades terán nos seus iguais (para os mediadores).

Para poder realizar esta avaliación de proceso, du- rante o desenvolvemento do programa, manterase un rexistro sistemático de todas as actividades, segundo se vaian realizando.

2) Na fase de avaliación de resultados
A avaliación de resultados estará limitada exclusivamente aos mozos que participen de forma directa naquelas actividades do programa que permitan un contacto directo con eles (actividades de ocio, etc.). Nestes supostos aplicarase a todos os beneficiarios do programa un cuestionario inicial, previo á posta en marcha das actividades, co fin de coñe- cer o seu nivel inicial de coñecementos, actitudes, expectativas e hábitos de consumo en relación coas drogas. A aplicación deste cuestionario repetirase unha vez realizada a última intervención co obxectivo de comprobar se se produciron modi- ficacións dalgún destes indicadores, sobre os que supostamente incide o programa: coñecementos e información sobre as drogas e os seus efectos, actitudes fronte ás drogas, percepción do risco e intencións de consumo futuras e condutas de consumo.
No caso dos mediadores xuvenís aplicaranse un test e un retest coincidindo co inicio e a finalización da súa formación, onde ademais das variables antes mencionadas se avaliarán os cambios rexis- trados no seu nivel de coñecementos relevantes en prevención.

INDICADORES
Indicadores instrumentos Momentos
Poboacion diana. Variables intermedias Rexistro de participación nas diferentes actividades. Inicio do programa.
Población diana. Variables relacionas con drogas Actitudes e crenzas respecto ó consumo de drogas Durante el programa
Variables relac. Con el programa Cuestionarios de satisfacción dos diferentes programas Final Actividade
Durante programa, inicio e final
Variables relac con la comunidad Observación Durante el programa
Variables sociodemograficas Idade de inicio no consumo de tabaco, alochol e outras drogas e prevalencia do consumo Durante do programa

ORZAMENTO E MATERIAIS
Difusión / Orzamento
Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación
Outros - Escritos ós centros escolares
Páxina web


Gastos previstos:
Persoal 1.995,00

Locais 0,00

Equipamento 0,00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis...) 430,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0,00
Material funxible 0,00
Outros 0,00
TOTAL: 2.425,00

MATERIAL UTILZADO
Tipo de material Número Folleto 1.220
Póster 25
Dipticos 1.220
Páxina web 1
Outros - Comunicados Prensa 2
Outros- cartas 150
Outros - Vídeos 5
Outros- Fotocopias 150
Outros- Carpetas de documentación 150



COORDINACION- Con equipos directivos dos I.E.S, técnico da oficina de información xuvenil, responsables de asociacións suvenis, deportivas, etc.


========================================


AMBITO LABORAL

ÁMBITO: LABORAL
PROGRAMA: AO ALCANCE
TIPO: Universal

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA

NOME DA ENTIDADE: Asociacion Antidroga Vieiro
TIPO DE ENTIDADE: Concello
NOME DO PROGRAMA: AO ALCANCE
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Laboral
TIPO DE PREVENCIÓN: Universal
TIPO DE PROGRAMA: Continuación
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 01-03-2015 DATA FIN: 20-12-2015
DURACIÓN (MESES): 9
ENTORNO: Concello de Carballo
A Coruña
DESCRICIÓN DA SITUACIÓN
Poboación total: 31.404
Padrón do ano: 2014

POBOACIÓN DESTINATARIA

Poboación potencial beneficiaria: 150
Poboación total destinataria: 39

Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Nivel cultural: Medio-Medio
Tipo de colectivo Número
Outros - TRABALLADORES 35
Outros - EMPRESARIOS 4

XUSTIFICACION:

Os datos proporcionados polo último estudo de ámbito nacional realizado en España para coñecer a incidencia das drogas no medio laboral (NAVARRO, J. e RODRÍGUEZ E, 2002) indican a exis- tencia dunhas elevadas prevalencias de uso das distintas drogas entre a poboación traballadora ocupada.
Aínda que nos últimos anos se produciu un lixeiro descenso no consumo da maior parte das drogas entre os traballadores, as prevalencias de consumo das distintas drogas, legais e ilegais, superan as rexistradas entre o conxunto da poboación. Isto débese a que sobre os traballadores converxen ademais de diversos factores de risco extralaborais (de carácter persoal, familiar e social) outros directamente relacionados coa actividade laboral.
Entre os factores de risco de carácter laboral que inciden sobre a poboación traballadora de Galicia (EDIS, 2004) os que revisten unha maior importancia serían: a mala situación contractual, a in- quietude ante o futuro laboral, o cansazo intenso no traballo, as xornadas de traballo prolongadas, a insatisfacción coa función ou o traballo, a insatisfacción co trato recibido polos superiores, os traballos a obra feita ou de alto rendemento e o cansazo ou estrés no traballo.
Os consumos de drogas teñen un impacto moi negativo sobre o medio laboral, afectando tanto os traballadores, que rexistran unha importante deterioración da súa saúde física e mental e da súa vida social e familiar, como as empresas. Os resultados do estudo “Incidencia de las drogas en el mundo laboral, 2001” (NAVARRO, J. e RODRÍGUEZ, E.2002) confirman os múltiples problemas de saúde, familiares e sociais que sofren os consumidores de drogas.
Son moitos e variados os efectos que o consumo de alcohol e outras drogas por parte dos traballa- dores teñen na actividade laboral, debido a que estas substancias alteran diversas funcións corpo- rais, a conduta, o xuízo, as percepcións sensoriais (vista, oído, tacto etc.) ou o estado de ánimo dos que as consomen. Alteracións que afectan de forma moi negativa o rendemento dos traballadores, incrementando de forma moi notable o risco de que se produzan accidentes laborais.
Con este programa perséguese promover intervencións preventivas que favorezan o coñecemento por parte de todas as instancias presentes no medio laboral de factores que favorecen o consumo de drogas, así como das posibles estratexias existentes para a súa modificación.

MARCO TEÓRICO

O marco teórico sobre o que se asenta o programa é o modelo sobre promoción da saúde proposto pola Organización Mundial da Saúde (WHO,1984, WHO, 1986), que demostrou durante as tres últimas décadas ser eficaz para abordar as distintas necesidades formuladas polo abuso de drogas no ámbito laboral.

XUSTIFICACIÓN DAS TEORÍAS SELECCIONADAS

Este modelo considera que os estilos de vida das persoas poden mellorar se se crean e/ou se fomentan as condicións necesarias para iso. Desde o punto de vista operativo o modelo de promoción da saúde postula diversas áreas de acción prioritarias, entre as que se encontran varias aptas para o seu desenvolvemento no marco laboral, tales como: establecer unha política saudable, crear contornos que promovan a saúde, fortalecer a acción comunitaria para a saúde, desenvolver as habilidades persoais para a adopción de estilos de vida saudables e reorientar os servizos sanitarios.

OBXECTIVOS XERAIS

¬ Reducir a prevalencia global dos consumos de alcohol e outras drogas entre os traballadores.
¬ Reducir o consumo de alcohol e tabaco en horario laboral.
¬Reducir a prevalencia dos consumos habituais de tabaco, alcohol e drogas ilícitas entre os traballadores
¬ Reducir a prevalencia de bebedores abusivos entre os traballadores.
¬ Reducir certos comportamentos de risco entre os traballadores asociados ao consumo de drogas (manexo de vehículos ou maquinaria perigosa tras a inxestión destas substancias
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

¬ Mellorar o nivel de coñecemento e a calidade da información dos traballadores sobre o impacto das diferentes drogas sobre a súa saúde e benestar persoal e a actividade laboral.
¬ Reducir a tolerancia social dos traballadores, directivos, representantes sindicais e membros dos servizos de prevención ante os consumos de alcohol e outras drogas.
¬ Incrementar o risco percibido asociado ao consumo de alcohol ou outras drogas por parte dos traballadores.
¬ Reducir a permisividade dos traballadores fronte ao consumo de alcohol ou outras drogas dentro da xornada laboral.
¬ Conseguir que se respecte a normativa que impide o consumo de tabaco nos centros de traballo cerrados.
¬ Conseguir que se respecte a normativa que impide o consumo de alcohol ou outras drogas durante a xornada laboral.
¬ Facilitar información e orientación aos traballadores con consumos problemáticos de alcohol ou outras drogas que faga posible o seu tratamento temperán en centros especializados.

METODOLOXÍA

O método que se seguirá para a implementación do programa axustarase ao seguinte esquema, o cal se levará a cabo a través nas seguintes fases:
1) Difusión do programa

- Remisión dun escrito informativo a tódolos sindicatos e empresarios informando do contido do programa e da oferta de colaboración para a súa implementación.
- Realización dunha xuntanza informativa para a presentación dos contidos do programa a empresarios así como cos delegados dos respectivos sindicatos

2) Recepción de demandas formuladas polas empresas para a implementación do programa

O técnico do equipo de prevención contactará coa persoa designada coa empresa para fixar unha reunión de traballo na cal se ampliará canta información sexa necesaria sobre o funcionamento do programa e para acordar os pasos que se deben seguir para a súa implantación. Ao final desta reunión, o representante da empresa asinará unha petición por escrito solicitando a alta no programa.

3) Execución do programa

A execución do programa daría comezo formalmente coa celebración dunha segunda reunión por parte do técnico do equipo de prevención cos responsables dos servizos de saúde laboral, prevención, recursos humanos, delegados de prevención, membros dos comités de saúde e seguridade e representantes dos traballadores para informalos dos contidos do programa e das actividades que se van poñer en marcha na empresa e para proceder á elaboración do “Estudo de necesidades en materia de prevención das drogodependencias”, cubrindo un cuestionario deseñado para o efecto e a achega de información complementaria por parte dos participantes na reunión.

Unha vez completada a avaliación de necesidades procederíase á adecuación dos contidos do programa ás demandas e necesidades específicas da empresa, tarefas que deberían ser acometidas nun prazo estimado dun mes. Unha vez remitidos os contidos de ambos documentos (estudo de necesidades e adecuación do programa) á persoa designada pola empresa como interlocutor da iniciativa e confirmada a aceptación do seu contido polos representantes dos traballadores, fixaríase o calendario de execución das actividades previstas no programa Ao alcance, pola seguinte orde:

¬ Curso básico e de especialización de mediadores laborais.
¬ Distribución entre os mediadores laborais da empresa o Manual para a posta en marcha de programa Ao alcance.
¬ Distribución dos materiais de información/sensibilización entre os traballadores da empresa.
¬ Execución do resto de medidas previstas no programa (orientación e asesoramento a traballadores, adopción de medidas de control da oferta e do consumo durante a xornada laboral etc.).

ACTIVIDADES
Nome Actividade: AO ALCANCE
Poboación Participante: 39
Tipo Actividade: Formación

AVALIACIÓN
Cuantitativa
Apoiarase nos seguintes indicadores:
¬ Nº de reunións mantidas con representantes da empresa durante os procesos de avaliación de necesidades e de axuste dos contidos do programa.
¬ Nº de cursos de formación de mediadores laborais realizados e de asistentes a eles.
¬ Nº de materiais distribuídos.
¬ Nº de usuarios dos servizos de información e orientación.
¬Nº de traballadores que recibiron consello médico para abandonar e/ou reducir o consumo de alcohol, tabaco ou outras drogas.
¬ Nº de traballadores derivados a servizos de tratamento externos.
Cualitativa

Antes de dar comezo ao desenvolvemento do programa, e no marco do estudo de avaliación de ne- cesidades, establécese a recollida de información sobre os seguintes aspectos:
¬ Información dos traballadores sobre as diferentes substancias.
¬ Actitudes dos traballadores fronte aos consumos de drogas.
¬ Grao de cumprimento da normativa legal en materia de venda e consumo de drogas nos centros de traballo.
¬ Hábitos de consumo de drogas dos traballadores.
¬ Impacto dos consumos de drogas na actividade laboral: taxa de absentismo, accidentalidade, invalideces e expedientes disciplinarios.

INDICADORES

Indicadores Instrumentos Momentos

Poboacion diana. Variables intermedias

Rexistro de participación e grao de cohesión
Inicio do programa e durante

Población diana. Variables relacionas con drogas
Coñecementos, actitudes e crenzas respecto ó consumo de drogas
Durante el programa
Variables relac. Con el programa Satisfacción co programa e grao de interese Final Actividade


DIFUSIÓN / ORZAMENTO
ORZAMENTO E MATERIAIS
Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación
Páxina
Gastos previstos:
Persoal 2.515,00
Locais 0,00
Equipamento 0,00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis) 110,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0,00
Material funxible 0,00
Outros 0,00
TOTAL: 2.625,00

MATERIAL UTILZADO
Tipo de material Número

Tripticos 45
Manuais 45
Folleto 45
Outros – Guias 45
Póster 5
Páxina web 1
Carteles 5
Outros - Dípticos 45
Outros - Comunicados de Prensa 2
COORDINACION.- Representantes de empresas, sindicatos e mutuas de accidentes de traballo.


========================================


AMBITO FAMILIAR

MEMORIA DO PROGRAMA MAIS QUE UN TEITO

ÁMBITO: FAMILIAR
PROGRAMA: MAIS QUE UN TEITO
TIPO: Universal

NOME DA ENTIDADE: ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO
TIPO DE ENTIDADE: Asociación sen animo de lucro
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
TIPO DE PREVENCIÓN: Universal
TIPO DE PROGRAMA: Continuación
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 14-01-15 DATA FIN: 15-06-15
DURACIÓN (MESES): 6 meses
ENTORNO: Concello de Carballo
A Coruña

Poboación total: 31.404 Padrón do ano 2014

POBOACIÓN DESTINATARIA
Poboación potencial beneficiaria: 1.500
Poboación total destinataria: 155
Nivel cultural: Medio-Medio

Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Tipo de colectivo Número
Pais/Nais 145
Titores/as 10

XUSTIFICACIÓN

A familia ten unha función clave na socialización do individuo e contribúe decisivamente ao seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. É o primeiro grupo social do cal as persoas forman parte e, como en calquera núcleo social, os seus membros interactúan entre si de acordo cunhas regras de relación, uns roles e unhas funcións que van cambiando ao longo da vida dese grupo e en relación coa influencia doutros grupos sociais máis amplos (ALONSO, C. et al. 2004). Neste sistema inflúe todo o seu contorno, toda a comunidade en que interaccionan os seus membros dunha forma continuada.
A investigación desenvolvida ao longo das tres últimas décadas sinala que os pais ou titores, así como outros membros da familia, exercen unha influencia maior da que se cría ata agora na conduta dos nenos e nos estilos de vida dos adolescentes, en xeral e en todo o relacionado coas drogas (BRUNSWICK, A. MESSERI, P. e TITUS, S. 1992, BRY, BH. et al. 1997, ALEXANDER JF. et al., 2000, KAFTARIAN, SF. e KUMFER, KL. 2000).
A familia constitúe a primeira instancia de socialización e globalmente é a que ten máis influencia na formación e no desenvolvemento dos nenos e dos novos. É no seu seo onde estes nenos e mozos, a través da aprendizaxe e da observación das condutas dos adultos, se van capacitando para vivir en sociedade e para afrontar de forma adecuada as
novas situacións que se lles presentarán ao longo da vida, entre as que se inclúe a dispoñibilidade de drogas.
En suma, as intervencións preventivas dirixidas á familia promoven e facilitan o desenvolvemento da interacción familiar necesaria para canalizar modelos educativos capaces de promover estilos de vida saudable, libres dos problemas relacionados coas drogas (NIDA, 1997a).
Para cumprir a súa función preventiva as familias deben estar capacitadas para exercer unhas determinadas habilidades de xestión e funcionamento familiar. É dicir, para poder desenvolver a súa natural función educativa e preventiva, as familias deben dispoñer de adecuados recursos de xestión e funcionamento, que na maioría dos casos se desenvolven espontaneamente, pero que para algúns grupos en situación de risco, a adquisición destas capacidades require intervencións formativas que promovan a instauración de pautas de funcionamento e xestión capaces de minimizar patróns de risco e promover patróns de protección (KUMPFER, KL. 1997).
De acordo coa evidencia dispoñible sobre a importancia da familia na prevención dos problemas relacionados coas drogas, o Plan de Galicia sobre Drogas, baseándose na Lei 2/1996, do 8 de maio, incide desde hai anos no potencial que supón a intervención familiar, e sinala que as actuacións coas familias deben fomentar as habilidades educativas e de comunicación no seo familiar, incrementar o sentido de competencia dos pais e a súa capacidade para a resolución de problemas, así como conciencialos da importancia sobre o seu papel como axentes de saúde (artigo 1.4.3).

OBXECTIVOS XERAIS

Promover unha mayor implicación dos pais e mais ou titores, como axentes de saúde e fomentar a adquisición das competencias necesarias para que poidan desdenvolver esta importante función de forma adecuada.

OBXECTIVOS ESPECIFICOS

- Mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación dos pais, nais ou titores que reciben a intervención.
- Promover e reforzar os factores de protección familiar, ao tempo que se pretende reducir o impacto dos factores de risco relacionados con este ámbito.
- Mellorar a calidade da información sobre drogas de que dispoñen os pais.
- Mellorar a habilidade dos participantes para o desenvolvemento de pautas consistentes de xestión familiar.
- Mellorar as actitudes educativas dos pais.
- Mellorar as actitudes preventivas dos pais.
- Sensibilizar ós pais/nais dos riscos que entraña o uso indebido das novas tecnologías da información e a comunicación, propiciando un uso controlado destas


METODOLOXÍA

O programa dá comezo coa convocatoria dun “Encontro de pais-nais/profesorado/alumnado” a través dos alumnos. Este encontro serve para destacar a relevancia que teñen os consumos de drogas e as posibilidades dos pais/nais para actuar
como axentes preventivos, á vez que se presentan os obxectivos e contidos do programa.
Unha vez finalizado este encontro, realizado nunca única sesión, e en función da motivación, intereses e dispoñibilidade, ofértaselles aos pais e nais alí presentes a posibilidade de desenvolver o programa.

O método que se utilizará neste programa axústase aos seguintes principios:

• Levar a cabo un proceso de ensino activo.
• Levar a cabo un proceso de ensino progresivo.
• Levar a cabo un proceso de ensino de reforzo.
• Levar a cabo un proceso de ensino en grupo.
• Manter unha atención e orientación individualizada.

A forma habitual en que se desenvolve, é en formato de módulos ou sesións presenciais que se realizarán co grupo de pais/nais que acepten participar.

Os participantes nos grupos de “pais/nais” deben asignarse segundo o criterio de idade dos fillos. Se teñen fillos de varias idades deben inscribirse no grupo de idade daquel que máis lles preocupa.

O programa está deseñado inicialmente para a súa implementación ao longo do curso escolar. Non obstante, e tendo en consideración a importante variabilidade no número de sesións propostas en función da idade dos fillos, a duración do programa pode oscilar entre un e cinco meses, a razón dunha sesión semanal, en función das necesidades, interese e posiblidades de asistencia dos pais.

MODELO TEORICO

O programa susténtase no modelo sistémico (HALEY, J. 1976, MINUCHIN, S. 1974, STANTON, MD. E TODD, TC. 1982).

XUSTIFICACIÓN DAS TEORÍAS SELECCIONADAS

Segundo este modelo o término “sistema” refírese a que as experiencias e condutas dunha persoa están asociadas e dependen da conduta dos outros membros da familia. Ó enteder á familia como un sistema supón considerar que o todo é máis que a suma das súas partes. Isto é, as condutas dun individuo non se poden entender separadas do resto da súa familia. A familia é o sistema social básico, baixo o que se agrupan os membros da familia e os procesos (ex. regras de comportamento, roles, etc) que caracterizan as relacións entre os membros, e todos son recíprocamente independentes.

AVALIACIÓN

Cuantitativa

- Número de centros escolares aos que se presenta o programa.
- Número de pais/nais convocados para participar no programa.
- Número de asistentes as reunións de presentación do programa.

Cualitativa

- Folla de rexistro de pais/nais asistentes.
- Folla de rexistro sistemático de sesións e actividades.




INDICADORES

Indicadores Instrumentos Momentos

Poboacion diana. Variables intermedias

Nº Participantes
Rexistro de asistencia
Inicio do programa e durante

Población diana. Variables relacionas con drogas
Actitudes e crenzas respecto ó consumo de drogas
Durante el programa
Variables relac. Con el programa Satisfacción co programa e grao de interese Final Actividade


ORZAMENTO E MATERIAIS

Difusión / Orzamento

Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación
Outros - Escritos ós centros escolares
Páxina web

Gastos previstos:
Persoal 6.760,00
Locais 0,00
Equipamento 0,00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis...) 0,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0,00
Material funxible 560,00
Outros 0,00
TOTAL: 7.320,00


MATERIAL UTILZADO

Tipo de material Número Folleto 160
Póster 4
Páxina web 1
Outros - Comunicados Prensa 2
Outros - Vídeos 6
Outros- Fotocopias 350
Outros- Carpetas de documentación 160
Otros-Guias 160


COORDINACION- Con equipos directivos de centros educativos para cesión de aulas, coas directivas de anpas para a difusión e coordinación do programa.


========================================


AMBITO FAMILIAR

MEMORIA DO PROGRAMA EN FAMILIA TODOS CONTAN

IDENTIFICACION DO PROGRAMA

AMBITO: FAMILIAR
PROGRAMA: EN FAMILIA TODOS CONTAN (padres con hijos con primeros consumos)
TIPO: Selectivo

NOME DA ENTIDADE: ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO
TIPO DE ENTIDADE: Asociación sen ánimo de lucro
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
TIPO DE PREVENCIÓN: Selectiva
TIPO DE PROGRAMA: Continuación
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 20-01-2015 DATA FIN: 31-12-2015
DURANCION: 12 meses
ENTORNO: Concello de Carballo

Poboación total: 31.404 Padrón do ano: 2014

POBOACIÓN DESTINATARIA
Poboación potencial beneficiaria: 120
Poboación total destinataria: 45
Nivel cultural: Medio-Medio

Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Tipo de colectivo Número
Pais/nNais 20
Fillos 20

XUSTIFICACION:

A investigación desenvolvida ao longo das tres últimas décadas indica que moitos dos factores de risco con maior impacto no desenvolvemento de problemas relacionados coas drogas se localizan no ámbito familiar (NIDA, 1997, NIDA, 2000). Estes condicionantes constitúen un reto para o normal desenvolvemento psicolóxico e social das persoas xa que teñen un grande impacto nas etapas temperás da infancia e da adolescencia.
Entre os factores familiares que contribúen a desenvolver unha maior vulnerabilidade fronte ás drogas destacan: a existencia dun ambiente familiar desestruturado, o consumo de drogas por parte do pai ou da nai, ou dos dous membros da parella, a incidencia de enfermidades mentais nos pais, e a carencia de pautas de xestión familiar adecuadas (KUMPFER, KL. e TURNER, CW.1991, TURNER, CW. 2000).
Os programas de prevención selectiva desenvolvidos no ámbito familiar contribúen a promover o desenvolvemento de factores de protección entre as familias que se encontran en situación de risco respecto ás drogas. Por iso se centran en proporcionar aos pais ou titores estratexias que contribúan a mellorar a comunicación familiar, as pautas de xestión e disciplina e o establecemento de normas consistentes no seo do núcleo familiar (LOCHMAN, JE. 2000, KUMFER, KL. e ALDER, S.2003). Precisamente, o programa “En familia, todos contan”, enmárcase neste grupo de iniciativas encamiñadas ao fortalecemento das capacidades familiares e á diminución dos factores de vulnerabilidade que constitúen unha seria ameaza para o desenvolvemento saudable das vidas de cada membro que integra a familia.

OBXECTIVOS XERAIS

¬ Mellorar as habilidades educativas, de xestión e de comunicación de pais ou titores de familias que se encontran en situación de vulnerabilidade fronte ás drogas.
¬ Incrementar os recursos familiares para minimizar as situacións problemáticas.
¬ Proporcionar aos pais ferramentas para identificar de forma precisa os factores de risco a que se encontra exposta a familia e intentar minimizalos mediante o desenvolvemento de habilidades que os capaciten para reconducir os problemas que teñen formulados.

OBXECTIVOS ESPECIFICOS

¬ Mellorar as habilidades para o desenvolvemento de pautas consistentes de xestión familiar.
¬ Mellorar as actitudes preventivas.
¬ Mellorar as condutas relacionadas coas drogas.

METODOLOXÍA

O programa “En familia todos contan” lévase a cabo en forma de taller, a través de sesións grupais cos pais/nais cos que se intervén, en que se utilizan dinámicas grupais que tratan de fomentar ao máximo a participación de ambos os membros da parella.
Realízanse un total de cinco sesións, de hora e media de duración, con cada grupo de pais/nais participantes.
Os grupos non deben superar o número de 15 participantes. O criterio utilizado para a agrupación das familias que realizan o taller é, preferentemente, a coincidencia na idade dos fillos dos participantes ou, cando este criterio non se puidese utilizar, o da similitude das situacións conflitivas polas que foron seleccionadas.
A duración inicial do programa oscila entre dous e tres meses. Non obstante, esta adáptase ás necesidades e dispoñibilidade das persoas e das familias que participan nel.

MARCO TEORICO

• Modelo sistémico.
• Modelo de desenvolvemento social de Catalano, Hawkins e colaboradores.
• Modelo de socialización primaria de Oetting e colaboradores.
• Teoría da conduta problema de Jessor e Jessor.

XUSTIFICACIÓN DAS TEORÍAS SELECCIONADAS

Segundo o modelo sistémico o término “sistema” refírese a que as experiencias e condutas dunha persoa están asociadas e dependen da conduta dos outros membros da familia. O enteder á familia como un sistema supón considerar que o todo é máis que a suma das súas partes. Isto é, as condutas dun individuo non se poden entender separadas do resto da súa familia. A familia é o sistema social básico, baixo o que se agrupan os membros da familia e os procesos (ex. regras de comportamento, roles, etc) que caracterizan as relacións entre os membros, e todos son recíprocamente independentes.
A premisa fundamental da teoría da socialización primaria é que “aínda que a base biológica da conduta humana é incuestionable, esencialmente tódalas condutas sociais humanas son aprendidas ou teñen compoñentes principias que son aprendidos. Esta teoría céntrase na aprendizaje de normas. A familia é o primeiro elemento de socializacoón primaria para o neno. (oeting)

A teoría da conduta problema baséase en tres sistemas explicativos: a personalidade, o ambiente e a conduta, todos eles interrelacionados e organizados entre sí para explicar a propensión á conduta problema ou a probabilidade de que a conduta problema ocurra. (Jessor e Jessor). É unha teoría xeral da conduta humana cuio obxectivo é explicar a conduta antisocial a través da especificación de relacións predictivas do desenvolvemento, dando gran relavancia ós factores de risco e protección. O boxectivo deste modelo é explicar e precedir o comenzo, escalada, mantemento, desescalada e abandono ou desistir de facer aquelas condutas que son de gran preocupación para a sociedade, como a delincuencia e o uso de drogas ilegais. (Catalana)

AVALIACIÓN

Cuantitativa

Realízase de acordo cos seguintes indicadores:
¬ Asistencia.
¬ Avaliación dos monitores do curso.
Para iso utilízanse os seguintes instrumentos:
-Folla de rexistro de asistencia/participación nos talleres

Cualitativa

Inclúe a realización dun cuestionario inicial co que se pretende coñecer cales son as habilidades educativas dos pais no momento de incorporarse ao programa. Este mesmo cuestionario volverase aplicar ao finalizar o taller (ao final da última sesión), para comprobar as modifiacións producidas nas seguintes variables: coñecementos relevantes en prevención, implicación en tarefas de supervisión e apoio aos fillos, xestión familiar (establecemento de normas e responsabilidades entre os compoñentes da familia), habilidades de comunicación e capacidade de negociación e para a resolución de conflitos, escala de satisfacción do taller.

INDICADORES

Indicadores Instrumentos Momentos

Poboacion diana. Variables intermedias

Número de participantes
Asistencia
Inicio do programa e durante

Población diana. Variables relacionas con drogas
Actitudes e crenzas respecto ó consumo de drogas
Durante el programa
Variables relac. Con el programa Satisfacción co programa e grao de interese Final Actividade


DIFUSIÓN / ORZAMENTO
ORZAMENTO E MATERIAIS
Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación

Outros - Escritos ós centros escolares
Páxina web

Gastos previstos:
Persoal 2.910,00
Colaboracións 0.00
Locais 0,00
Equipamento 0,00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis...) 190,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0,00
Material funxible 0,00
Outros 0,00
TOTAL: 3.100,00

MATERIAL UTILZADO

Tipo de material Número
Boletín 65
CD-DVD 4
Folleto 65
Páxina web 1
Outros - Cadernos alumnos 65
Outros - Guías Profesores 1
Outros - Comunicados Prensa 2
Outros - Fotocopias 65
Outros- Guias 65
Outros – Carpetas documentación 65



COORDINACION.- Cos equipos de orientación dos centros educativos, cos servizos sociais do Concello e coa UAD


========================================


AMBITO FAMILIAR

MEMORIA DO PROGRAMA ENTRE TODOS


IDENTIFICACION DO PROGRAMA

ÁMBITO: FAMILIAR
PROGRAMA: ENTRE TODOS (Familias con Hijos con Problemas de Conducta))
TIPO: Indicada

NOME DA ENTIDADE: ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO
TIPO DE ENTIDADE: Asociacion sen animo de lucro
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Familiar
TIPO DE PREVENCIÓN: Indicada
TIPO DE PROGRAMA: Nuevo
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 02-01-15 DATA FIN: 31-12-15
DURACIÓN (MESES): 12 meses
ENTORNO: Concello de Carballo
A Coruña

DESCRICIÓN DA SITUACIÓN

Poboación total: 31.404
Padrón do ano: 2.014

POBOACIÓN DESTINATARIA

Poboación potencial beneficiaria: 100
Poboación total destinataria: 20
Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Nivel cultural: Medio baixo

Tipo de colectivo Número

Pais/Nais 10
Menores en risco 10

3.3.1. XUSTIFICACIÓN

Os adolescentes en risco supoñen un sector da poboación que, polas súas circunstancias vitais (fracaso escolar, problemas de conduta, inicio ao consumo frecuente de drogas, dificultades familiares etc.), precisan dunha especial atención desde as institucións e recursos sociais.
Respecto ao consumo de substancias nos adolescentes, os consumos de carácter recreativo estanse configurando como un elemento articulador dos estilos de vida de moita xente nova, e o que é peor, de moitos adolescentes, nos cales esta forma de consumo se está a converter nun elemento central nas súas formas de ocupación do tempo libre.
Hai que destacar que os consumos recreativos están banalizados na nosa sociedade, en que consumir é un valor en alza.
O traballo de prevención indicada das drogodependencias, busca a implicación das familias dos adolescentes en situación de risco e a creación de circunstancias e oportunidades que faciliten un proceso de cambio. Un traballo que se basea no desenvolvemento de factores de protección e na redución dos factores de risco asociados ao uso ou abuso de drogas.
En especial busca identificar os factores de risco e protección arredor dos cales estruturar a intervención. Para isto sérvese dunha estratexia global, baseada na coordinación e colaboración dos axentes sociais e das institucións implicados.

MODELO TEORICO

- Modelos basados na familia e no enfoque sistémico.
¬ Modelo de estilos de vida e factores de risco que o condicionan (CALAFAT, A, et al., 1985, CALAFAT, A. et al., 1986, CALAFAT, A. et al., 1992).

XUSTIFICACIÓN DE LAS TEORÍAS SELECCIONADA

Segundo este modelo o término “sistema” refírese a que as experiencias e condutas dunha persoa están asociadas e dependen da conduta dos outros membros da familia. Ó enteder á familia como un sistema supón considerar que o todo é máis que a suma das súas partes. Isto é, as condutas dun individuo non se poden entender separadas do resto da súa familia. A familia é o sistema social básico, baixo o que se agrupan os membros da familia e os procesos (ex. regras de comportamento, roles, etc) que caracterizan as relacións entre os membros, e todos son recíprocamente independentes.

3.3.2. OBXECTIVOS

A) OBXECTIVO XERAL

Desenvolver mecanismos para evitar que os meno- res que presentan un consumo ocasional de drogas deriven cara a un problema de adicción, mediante a creación do grao necesario de motivación que predispoña a familia e o adolescente ao cambio e a unha reconsideración dos problemas e das súas causas.

B) OBXECTIVOS ESPECÍICOS

¬ Facilitar que o menor desenvolva a súa autonomía persoal (autocontrol das reaccións emocionais e coñecemento persoal).
¬ Conseguir a mellora das relacións co ámbito familiar e o grupo de iguais.
¬ Reducir o número de condutas disrupti- vas no fogar.
¬ Acompañar ao menor a través dos estadios de cambio e aumentar a conciencia da súa problemática respecto aos consumos de drogas.
¬ Adquirir estilos educativos adecuados e eficaces que permitan unha adecuada resolución das situacións problemáticas ou conflitivas.
¬ Mellorar as habilidades de comunicación que permitan reducir as dificultades de comunicación e de relación existentes na familia.

METODOLOXÍA

O traballo desenvólvese nun formato de entrevista de terapia familiar, que ten a súa base teórica no paradigma sistémico.
Nas sesións de terapia familiar participan todas aquelas persoas que teñen algunha implicación na situación de demanda. É fundamental o papel da familia no proceso de cambio, polo que o programa trata de establecer e manter un cambio non só no adolescente, senón na familia e no seu contexto, para axudalos a normalizar a situación de crise pola que están pasando.

As sesións terapéuticas realízanse cada 15 días, ou semanalmente se a situación é moi crítica, e a medida que se avanza na intervención poden ir espazándose a unha frecuencia mensual ou bimensual.

Habitualmente este traballo terapéutico ten unha duración media de seis sesións, en que se realiza:

a) Traballo cos adolescentes. Analizando a súa situación, as súas inquietudes e centrándose nos seus comportamentos e nas consecuencias que estes teñen no presente. Ademais das entrevistas, os adolescentes responden a unha batería de cuestionarios que permiten facer unha avaliación de diferentes aspectos relacionados con eles e coa súa familia.

b) Traballo coas familias. Fomentando o apoio aos fillos e modificando aquelas estruturas e prácticas da convivencia que dificultan o acercamento a solucións satisfactorias para todos. Inclúe ademais das sesións de terapia, intervencións no domicilio familiar xa sexa en situacións de crise ou para apoiar a adquisición de habilidades.

c) Traballo conxunto con adolescentes e pais/nais. É un tempo de encontro e escoita.

É fundamental á hora de deseñar a intervención ter en conta a familia, establecendo conxuntamente con ela os obxectivos concretos que se pretenden alcanzar. Estes obxectivos

deben ser alcanzables, xa que a súa consecución facilitará a percepción por parte da familia de que se producen cambios positivos e de superación de dificultades.

ACTIVIDADES

Nome Actividade: ENTRE TODOS
Poboación Participante: 20
Tipo Actividade: Formación

AVALIACIÓN
Cuantitativa

Realízase de acordo cos seguintes indicadores:
¬ Asistencia.
¬ Avaliación dos monitores do curso. Para iso utilízanse os seguintes instrumentos: Folla de rexistro de asistencia/participación nos talleres

Cualitativa
Inclúe a realización dun cuestionario inicial co que se pretende coñecer cales son as habilidades educativas dos pais no momento de incorporarse ao programa. Este mesmo cuestionario volverase aplicar ao finalizar o taller (ao final da última sesión), para comprobar as modifiacións producidas nas seguintes variables: coñecementos relevantes en prevención, implicación en tarefas de supervisión e apoio aos fillos, xestión familiar (establecemento de normas e responsabilidades entre os compoñentes da familia), habilidades de comunicación e capacidade de negociación e para a resolución de conflitos, escala de satisfacción do taller.

INDICADORES
Indicadores Instrumentos Momentos

Poboacion diana. Variables intermedias

Número de participantes
Asistencia
Inicio do programa e durante

Población diana. Variables relacionas con drogas
Actitudes e crenzas respecto ó consumo de drogas
Durante el programa
Variables relac. Con el programa Satisfacción co programa e grao de interese Final Actividade


ORZAMENTO E MATERIAIS
Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación
Outros - Comunicados de Prensa
Páxina web

Gastos previstos:
Persoal 3.650,00
Locais 0.00
Equipamento 0.00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis.) 200,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0.00
Material funxible 0.00
Outros 0.00
TOTAL: 3.850,00


MATERIAL UTILZADO
Tipo de material Número
Boletín 25
CD-DVD 4
Folleto 25
Páxina web 1
Outros - Manuais Alumnos 25
Guías 25
Dípticos 25
Notas de prensa 2


COORDINACION.- Orientadores de centros escolares, profesionais do servizos sociais do Concello, do centro de saude e UAD


========================================


AMBITO INFORMACION-SENSIBILIZACION

MEMORIA DO PROGRAMA TRANSVERSAL


ÁMBITO: COMUNITARIO
PROGRAMA: PROGRAMA INFORMACIÓN-SENSIBILZACIÓN
TIPO: Universal

NOME DA ENTIDADE: ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO
TIPO DE ENTIDADE: Asociación sen animo de lucro
ÁREA DE INTERVENCIÓN: Prevención
ÁMBITO DE ACTUACIÓN: Información-Formación a jóvenes y familias
TIPO DE PREVENCIÓN: Universal
TIPO DE PROGRAMA: Continuación
NOME DO RESPONSABLE: Vázquez Gómez, José Manuel
DATA INICIO: 03-01-2015 DATA FIN: 31-12-2015
DURACIÓN (MESES): 12 meses

Poboación total: 31.404 Padrón do ano: 2014

POBOACIÓN DESTINATARIA

Poboación potencial beneficiaria: 12.000
Poboación total destinataria: 8.540
Nivel cultural: Medio-Medio

Poboación destinataria por tipos de colectivos:
Tipo de colectivo Número
Pais/Nais 1.100
Adolescentes e xóvenes 7.000
Drogodependentes 350
Persoas respons.familiar 90

XUSTIFICACIÓN

As intervencións de tipo informativo e sensibilizador tratan de difundir, comunicar e transmitir mensaxes preventivas eficaces, dirixidas á poboación xeral ou a grupos específicos desta poboación. Para conseguilo centran os seus esforzos en desenvolver e promover a utilización de estratexias, métodos e actuacións que aseguren, tanto a calidade das mensaxes transmitidas, como a eficacia dos instrumentos utilizados para a súa difusión. Tamén pretenden promover a participación da poboación destinataria e a súa implicación no desenvolvemento das accións preventivas.
A realización de actuacións neste ámbito estratéxico responden ao mandato establecido na Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, que no seu artigo 4 recolle como prioritaria a atención á información e a formación en prevención das drogodependencias.

MODELO TEÓRICO

As intervencións multicompoñentes, baseadas nas propostas teóricas que Becoña (1999) denomina “teorías integrativas e comprensivas”.
XUSTIFICACIÓN DAS TEORÍAS SELECCIONADAS

Os programas multicompoñentes mostráronse eficaces ao incorporar diversos elementos dos modelos teóricos presentados ata agora. Segundo a evidencia derivada da investigación (PENTZ, MA. et al., 1989, HASEN, WB. e GRAHAM, JW, 1992, SLOBODA, Z. 1997, TOBLER, N.1993, TOBLER, N. 1997, SLOBODA, Z. 1997, BELCHER, H. e SHINITZKY, H. 1998), entre os elementos esenciais para asegurar a eficacia dos programas preventivos no ámbito da información formación, destacan os seguintes:
¬ O desenvolvemento e a promoción de normas sociais contrarias ao abuso de drogas no medio onde se aplican as intervencións.
¬ A transmisión de información veraz, baseada na evidencia científica dispoñible e non nesgada por prexuízos ou posicións ideolóxicas ou persoais.
¬ A utilización de fontes de difusión que resulten cribles para os destinatarios da información.
¬ A difusión da información a través de canles que resulten próximas para os destinatarios da información transmitida.
¬ A corrección de percepcións erróneas ou míticas respecto ás distintas drogas, mitos a miúdo populares entre a poboación diana (como é a percepción entre os adolescentes, do carácter normativo e universal do consumo de drogas).
¬ A promoción do adestramento en habilidades sociais e habilidades para a vida.
¬ Adestramento en habilidades de resistencia ás presións promotoras do consumo de drogas.
¬ Utilización de métodos didácticos interactivos, para o desenvolvemento de programas de formación-educación sobre drogas.

OBXECTIVOS XERAIS

¬ Mellorar a calidade da información dispoñible por parte da poboación destinataria acerca das drogas.
¬ Mellorar o nivel de coñecemento da poboación sobre o impacto que as drogas teñen sobre a saúde e o benestar individual e colectivo e os riscos que derivan do seu uso.
¬Sensibilizar á poboación respecto aos problemas que provoca o uso e abuso de drogas.
¬ Incrementar o apoio dos destinatarios das intervencións ás medidas de protección da saúde e de prevención do consumo de drogas.
¬ Modificar as actitudes sociais fronte ás drogas, reducindo a tolerancia/permisividade social cara ao seu uso.
¬ Mobilizar á poboación na busca de solucións e alternativas aos problemas que a súa comunidade ou colectivo presente en relación coas drogas.
¬ Diminuír a prevalencia dos consumos experimentais e nos últimos 30 días das diferentes drogas entre os destinatarios do programa.
¬ Atrasar a idade de inicio ao consumo de drogas.
¬ Reducir a taxa anual de novos consumidores ás diferentes drogas entre os destinatarios do programa.
¬ Reducir a prevalencia dos consumos problemáticos de alcohol e outras drogas.
¬ Reducir certos comportamentos de risco relacionados co uso de drogas (condución de vehículos ou realización de actividades laborais perigosas baixo os efectos do alcohol ou outras drogas, o consumo simultáneo de drogas, as prácticas sexuais de risco etc.).
-Realizar acordos de reparación de danos con menores derivados dos Xulgados.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

¬ Reducir as actitudes favorables ao uso de drogas.
¬ Incrementar a percepción do risco asociado ao uso das distintas drogas.
¬ Reducir a permisividade social respecto ao consumo.
¬ Aumentar o apoio social fronte a medidas de protección e de prevención.
¬ Incrementar a sensibilización social sobre os efectos, para a saúde ou para a se- guridade, do consumo de drogas.
¬ Modificar as crenzas e mitos sobre os efectos das distintas substancias.
¬ Aumentar a percepción crítica fronte ás estratexias de promoción do uso de drogas.
¬ Reducir a intención de consumir drogas no futuro.
- Facilitar o acceso a tratamentos especializados ás persoas con drogodependencias
- Elaboración e difusión de materiais de información e sensibilización sobre o dano e os riscos do consumo de drogas.
- Reparar danos ocasionados a través de tarefas con menores derivados dos Xulgados.

METODOLOXÍA

Algúns dos aspectos metodolóxicos que deben ser tidos en consideración no desenvolvemento das intervencións informativas, como estratexia para previr os consumos de drogas e as drogodependencias son (ARZA, J. 2006):

 A intensidade da intervención.
 O tipo de axente preventivo responsable da súa difusión.
 O rigor no cumprimento do programa.
 A capacitación de axentes preventivos e de figuras mediadoras.
 A utilización de métodos interactivos.
 As tarefas para casa ou para despois de difundir a información.
 A incorporación de sesións de recordo.
 A adaptación (dos contidos, axentes e métodos) á poboación diana.
No ámbito particular das estratexias informativas existen uns principios didácticos que deben ser respectados:

 Información veraz, de calidade e ben presentadaa.
 Adaptación da información aos receptores.
 Uso de canles de difusión que resulten cribles para os destinatarios
 Elección dun emisor adecuado.
 Manexar adecuadamente a magnitude dos perigos e as ameazas presentadas.
 Ofrecer alternativas.
 Centrarse máis nos efectos a curto prazo.
 Corrixir as percepcións erróneas ou mitos respecto ás diferentes drogas e en particular daquelas presentes entre a poboación diana.
 Utilizar un pro

ACTIVIDADES

1- Servizo Información-Orientación e Asesoramento ó toxicómano e familias

Tipo Actividade: Difusión e sensibilización
Población Participante: 300

2- Charlas informativo-formativas

Tipo Actividade: Difusión e sensibilización
Población Participante: 240

3- Campaña Prevención Consumo de Alcohol

Tipo Actividade: Difusión e sensibilización
Población Participante: 2500

4.- Campaña Prevención Consumo de Haxís

Tipo Actividade: Difusión e sensibilización
Población Participante: 2500

5.- Campaña Prevención Consumo de Cocaína

Tipo Actividade: Difusión e sensibilización
Población Participante: 3000

AVALIACIÓN

Cuantitativa

A través da observación e mediante rexistros de participación, número de entidades e organizacións implicadas no desenvolvemento do programa, número de xuntanzas realizadas, material elaborado, material distribuido, número de charlas e difusión nos medios de comunicación, mediante protocolo de derivación e enquisas, a través do número de visitas, de chamadas, de correos electrónicos recibidos e enviados, perfil dos usuarios, número de derivacións a centros de rehabilitación, número de entradas realizadas á páxina web, número de revistas editadas, número de publicacións realizadas

Cualitativa:

A través da observación e feed-back utilizando indicadores relacionados coas valoracións, opinións e suxerencias de mellora por parte dos participantes, nivel de interese, repercusión social, nivel de sensibilización, satisfacción e compromiso da poboación, valoración, nivel de cumprimento dos obxectivos, eficacia do servizo e satisfacción dos usuarios

INDICADORES

Indicadores instrumentos momentos
Poboacion diana. Variables intermedias Cuestionarios de satisfaccion O final dunha actividad
Variables relac. Con el programa Nº de participantes Incio programa
Final actividad
Variables relac con la comunidad Perfil dos asistentes Durante el programa
Variables sociodemograficas Datos obtenidos mediante enquisas, noticias prensa Inicio do programa

ORZAMENTO E MATERIAIS

Difusión do programa:
Material impreso
Medios de comunicación
Páxina web
Presentación institucional

Gastos previstos:
Persoal 8.125,00
Locais 0,00
Equipamento 0,00
Material divulgativo-formativo (folletos, carteis...) 1.375,00
Prensa, Revista, Libros (Documentación) 0,00
Material funxible 0,00
Outros 0,00
TOTAL: 9.500,00

MATERIAL UTILZADO
Tipo de material Número
Boletín

# Enlace permanente a este contenido
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
 

< Volver >


Patrocinan: