11/12/2019
Noticias Vieiro


Vieiro achégase ata as aulas de Carballo co seu programa de prevención. (05-10-2017)




GALICIA, QPN. Lorena Martínez Canosa.

O programa “Contrúe” impartese nos centros de educación primaria do concello de Carballo

O alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros educativos de Carballo tiveron o pasado o luns a primeira das sesións que se enmarcan dentro do programa de Prevención Escolar impartido por membros da asociación Vieiro.

Nesta primeira sesión traballouse sobre as habilidades sociais que, baixo o título “Constrúe”, tiña por obxectivo proporcionarlle ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida cotiá.

O programa Constrúe levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2017-2018. As sesións terán unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos. As piscologas Susana Recarey Eirís, Mª Belén Álvarez Sande e a educadora social Miriam Romero Traba serán as encargadas de impartir cada unha das sesións.

Neste programa participan os centros de educación primaria A Cristina, San Luis Romero, Fogar, Bergantiños, Gándara-Sofán, Canosa-Rus, Nétoma-Razo e Artai.

Novas relacionadas

•Vieiro mantén activo o servizo de información e orientación contra a drogadicción

•Vieiro homenaxea ao seu finado presidente con máis implicación.

•29-08-17: Falece o presidente da asociación antidroga Vieiro.

•Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria

•Vieiro pon en práctica as habilidades sociais de máis de 1000 estudantes de secundaria de Carballo

•Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico

•100 pais e nais aprenden con Vieiro a importancia da prevención

•Vieiro axuda a adolescentes de Carballo a coñecer e xestionar as súas habilidades socioemocionais.

# Enlace permanente a esta noticia
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo o para añadir a favoritos.
fuente: que pasa na costa >>